Friday 19 de April de 2024

Máis dun cento de nenas participan na cuarta exhibición de ximnasia rítmica


Máis dun cento de nenas participaron esta mañá na cuarta exhibición de ximnasia rítmica, celebrada no pavillón Castelao I de Ordes. Todas elas integrantes dos clubs pertencentes aos colexios Campomaior, Castelao, Barrié de la Maza (Santa Comba), Pecalama (Tordoia) e o Gándara-Sofán (Carballo), ademais das escolas de ximnasia rítmica de Carral e Oza-Cesuras. O acto, organizado pola academia Prisma, conta coa colaboración de Eroski, Gadis e o Concello de Ordes. A concelleira de Deportes, Ana Soneira, foi a encargada de entregar as medallas unha vez concluída a exhibición